O contacontos Celso Sanmartín amenizará o solpor este sábado na parroquia cedeiresa de San Román

Xunto co ciclo 'Cantos e Contos ao Solpor', o Concello organiza para este domingo o último percorrido guiado do programa 'Descobre Cedeira'
73076598_1350268935151644_6162918589587259392_n

O ciclo Cantos e Contos ao Solpor que o Concello de Cedeira organiza cada ano no mes de setembro viaxa esta fin de semana á parroquia de San Román. O local da asociación veciñal será o escenario da actuación do poeta e contacontos Celso Sanmartín, que ofrecerá ao público historias da tradición oral galega para amenizar a caída do sol. A cita comezará ás 20.00 horas.

Xunto coa cita en San Román, o Concello promove para o domingo a última das rutas do programa Descobre Cedeira que comezou a mediados de xullo e abrangueu 18 percorridos guiados por diferentes lugares de interese do municipio. Desta volta será a quenda da Ruta dos Tesouros, un percorrido doado e ao alcance da maioría das persoas, que vai polo paseo ata o faro de Robaleira.

As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto na Oficina de Turismo, ou ben chamar por teléfono ao 981 482 187 ou enviar un mail á dirección [email protected].

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.