O rural de Cedeira se moderniza con 539 novas lámpadas LED

O investimento, de 41.6000 euros, supoñerá un importante aforro económica para as arcas públicas e unha mellora medioambiental
el-ayuntamiento-sigue-incorporando-luminarias-led-en-el-alumbrado-pblico

O Concello de Cedeira saca a contratación a subministración dun total de 539 lámpadas Led que este mesmo ano entrarán en servizo nas parroquias da Régoa, Montoxo, Esteiro, Cedeira e Piñeiro. O investimento supera os 41.600 euros.

O goberno municipal vén apostando desde o 2015 por este tipo de tecnoloxía fronte ás antigas lámpadas de vapor de sodio por ser máis respectuosa co medio ambiente e porque necesita a metade da potencia para producir o mesmo fluxo luminoso, o que tamén se traduce nun menor gasto eléctrico.

Na parroquia da Régoa entrarán en funcionamento un total de 18 luminarias LED de 30 W de potencia, que se instalarán nos lugares de A Bouza (7)) e as Pontigas (11), e na de Montoxo serán 254, que estarán en Purrei (15), A Carballa (60), Campo do Hospital (30), As Vieiteiras (11), Cimadevila (15), Erbellas (14), Graguela (21), Os Candales(10), Serando (13) e A Pasada (54).

En Esteiro, substituiranse un total de 113, que o Concello prevé colocar en Ardeón (41), Sisalde Maior (31), Sisalde Cativo (21) e Barral (19) e na de Cedeira outras 88, que se localizarán en As Saíñas (32), Figaredo (41) e Espasante (15). A parroquia de Piñeiro pasará a ter un total de 55 de 30 W de potencia e outras 22 de 58W.

O executivo local anuncia que este tipo de contratación se repetirá en próximas datas ata completar a substitución da totalidade das lámpadas de vapor de sodio por bombillas de tecnoloxía Led. Só nunha próxima intervención o Concello renovará máis de 900 unidades na zona rural.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.