Os novos talentos da canción lírica recalan en Cedeira

A vila acolle desde hoxe a primeira edición da primeira Ópera Studio, unha fórmula de perfeccionamento para novos cantantes de ópera
“Dido y Eneas” do compositor Henry Purcell
“Dido y Eneas” do compositor Henry Purcell

Pese a ter rematado as festas de verán, Cedeira mantén unha intensa actividade cultural e de lecer no tramo final deste bulideiro mes de agosto. Comeza hoxe a primeira edición da primeira Ópera Studio que se desenvolve na vila e que rematará o vindeiro día 3 coa estrea de “Dido e Eneas” de Henry Purcell, e sucédense diferentes eventos ata o domingo, día no que terá lugar o Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”, cunha edición especial que estará adicada ao proxecto do Xeoparque e se desenvolverá na Serra da Capelada.

O Auditorio de Cedeira convértese desde hoxe nun espaxo adicado á lírica. Alí se van desenvolver ata o vindeiro 3 de setembro as sesións do curso da Ópera Studio, unha fórmula de perfeccionamento para novos cantantes de ópera na que se produce unha obra de principio a fin. Foron seleccionadas 34 persoas, entre intérpretes de “Dido e Eneas”, coro e orquestra. A portuguesa Magna Ferreira dirixe a obra co apoio do actor Marcos Vieitez, a violinista Mariña García-Bouso e a clavecinista Marta López. A produción corre a cargo dos cedeireses Fran Pérez, Aida Lozano, Paula Bereijo, impulsores da iniciativa, e a empresa DTK.

A Ópera Studio é un programa que combina a formación, con clases individuales e en grupo, cos ensaios escénicos e musicais da peza elixida e que supón unha fórmula moi acaída -aínda que en Galicia son contados os programas deste tipo-, para que os novos talentos da lírica dean o salto da etapa académica á profesional. O Concello de Cedeira apoia o programa economicamente, con 4.000 euros, e tamén coa cesión de espazos para as clases e a próxima estrea, así como para o aloxamento dos participantes e outras cuestións loxísticas.

Volven as vodas celtas

Tamén volve un ano máis a Cedeira, neste final de agosto, o Lugnasad, unha cita singular que recrea os ritos das vodas celtas. A Asociación de Amigos do Lugnasad organizou un programa que se vai desenvolver este sábado, día 27, na zona do Paseo da Mariña, a Praza de Marieta e a praia. A partir das 11.30 estará aberto un mercado medieval e ás 12.00 comezará o desfile e recepción de parellas, que irán ataviadas coas vestimentas e adobíos propios dos celtas.

A partir das 17.00 haberá xogos e actividades didácticas infantís e xuvenís e desenvolverase o I Certame de Personaxe de Lenda, no que os participantes emularán a diferentes personaxes celtas, vikingos, antigos ou medievais e optarán a premios para as persoas mellor caracterizadas. Ás 18.00 haberá música na Praza de Marieta e xa a partir das 21.00 oficiaranse as vodas celtas na praia da Madalena. Tamén este ano levarase a cabo a segunda edición do Certame Clans de Rueiro, no que grupos de veciños habilitan un espazo para celebrar o Lugnasad de xeito privado e participan logo no desfile cun estandarte que os identifica.

Para o mesmo sábado está programado tamén o Regoa Running Rock, unha cita deportiva e musical promovida pola Asociación Remo Revolución. O programa é unha homenaxe a Francisco Ramonde (Paco do Náutico) e inclúe unha carreira pedestre pola Capelada e un concerto na praza do Peixe, a partir das 22.00 horas. Actuarán Mártires do Rock, que ofrecerán un tributo a Los Suaves, e o grupo Bad Saint.

Por último, o Concello organizou para este sábado ás 12.00 horas unha nova visita teatralizada a Santo André de Teixido a cargo de Alalá Teatro. Baixo o título “Cóntase, dise”, Raquel Crespo e Yago Espasandín farán unha visita explotando os contos e lendas asociados ao núcleo cedeirés. Non é precisa a inscrición previa.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.