Piden catro anos de prisión para un veciño de Cedeira acusado de tráfico de drogas

Durante os rexistros realizados en tres locais propiedade do encausado, atopáronse máis de dous kilos de resina de cannabis valorada en 11.700 euros
1703139

A Audiencia Provincial de A Coruña acollerá o próximo xoves o xuízo contra un home que
presuntamente traficaba con substancias estupefacientes que almacenaba en tres locais propiedade da súa familia, situados en Cedeira, e que enfróntase a unha petición de catro anos e medio de prisión.

Segundo o escrito da fiscalía o procesado E. L. R. dedicábase á venda de substancias estupefacientes, concretamente de resina de cannabis, cannabis e cocaína, substancias que almacenaba en tres locais propiedade da familia do procesado sitos no termo municipal de Cedeira e partido xudicial de Ortigueira.

O home foi investigado e interceptado o 30 de outubro de 2017 por axentes da autoridade preto da Travesía Silva portando resina de cannabis cun peso neto de 114,02 cuxa precio no mercado ilícito alcalzaría os 629,39 euros. Ademáis, tamén se lle intervirun 6,1 gramos de cannabis  e mil cincuenta euros en moeda fraccionada.

A raíz disto, os investigadores procederon a investigar os treis locais nos que supostamente almacenaba a droga. En total, atopáronse algo máis de dous kilos de resina de cannabis por valor de 11.700 euros, uns 1.600 euros en cannabis e unha cantidade de cocaína que non chegaba aos 40 gramos. Os axentes tamén se incautaron de materiais e ferramentas para a manipulación de susbstancias estupefacientes como básculas de precisión, táboas de corte ou bolsas de autopeche. O vehículo Volkswagen Golf no que circulaba o procesado no momento da detención así como unha moto Honda da súa propiedade foron intervidos.

Segundo o escrito de acusación, estes feitos son constitutivos dun delito contra a saúde pública, polo que propón impoñer ao procesado unha pena de 4 anos e seis meses de prisión e unha multa de 40.000 euros.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.