Rescatados dunha balsa os dous tripulantes dun pesqueiro afundido ao noroeste de Cedeira

Foron recollidos polo "Nueva Cedeira" non moi lonxe da costa e levados en bó estado ata o porto

O pesqueiro afundido ao noroeste de Cedeira

Salvamento Marítimo informou esta mañá do rescate de dúas persoas ao noroeste de Punta Chirlateira, en Cedeira. Segundo fontes de Salvamento, o pesqueiro “Playa de Sacido” sufriu algún tipo de complicación de madrugada e afundiu non lonxe da costa cedeiresa.

Os seus dous tripulantes quedaron á deriva nunha balsa salvavidas e foron localizados por outro barco pesqueiro que estaba na zona, o “Nuevo Cedeira”, que trasladounos ao porto de Cedeira en bó estado.

 

Salir de la versión móvil