Retorna a Festa da Pescada de Cedeira o 19 de xuño

Poderase degustar como prato estrela a pescada da costa cociñada de dúas formas diferentes, ademais de berberechos da ría de Cedeira e empanada de dúas clases, polbo e atún
Imagen de archivo de una merluza
Imagen de archivo de una merluza

Este ano o proxecto Cedeixura-Pesca de Costa, actuación conxunta na que participa a confraría de pescadores de Cedeira e o concello de Cedeira, promove a IV Festa da Pescada de Cedeira.

Unha das últimas actividades programadas nesta anualidade 2022, é a celebración da IV Festa da Pescada de Cedeira. Evento xa tradicional na vila e que non se puido celebrar durante dous anos pola pandemia. Nesta IV edición volve a destacar a pescada como un dos produtos máis representativos da pesca de baixura.

Durante tres anos Cedeixura-Pesca de Costa promoveu e puxo en valor a pesca do día e as especies de grande calidade que se capturan no mar de Cedeira. Para conseguir este obxectivo se desenvolveron diferentes actividades implicando ao sector pesqueiro, a hostalería e a poboación en xeral coa promoción dos peixes e mariscos da súa costa.

Seguindo coa valorización do pescado e marisco capturados no día o domingo 19 de xuño e a partir das 12.00 horas celébrase na explanada da Confraría de Pescadores de Cedeira a IV Festa da Pescada, nunha carpa degustación habilitada para o evento. Nesta festa poderase degustar como prato estrela a pescada da costa cociñada de dúas formas diferentes, ademais de berberechos da ría de Cedeira e empanada de dúas clases, polbo e atún.

Este ano e como novidade farase un agasallo as 150 primeiras persoas que pidan pescada, cun prato de madeira deseñado para a ocasión con imaxes de pescados e mariscos típicos da gastronomía da vila.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.