Un novo ataque dun grupo de orcas a dous veleiros preto das costas de Ferrolterra

Este xa é o tercer episodio que protagonizan estes animais na última semana
orcas-galicia

Os ataques de orcas a embarcacións nunca foron tan frecuentes como o están a ser nas últimas semanas nas costas galegas. Hai sete día un veleiro con base en A Graña que navegaba rumbo ás Rías Baixas sufríu o primeiro desta serie de ataques e quedou sen timón. Hai apenas catro días producíase o segundo destes episodios preto de Cabo Prior con idéntico resultado: un timón partido pola metade. E esta madrugada, outros dous veleiros sufriron a mesma sorte cando viaxaban preto da costa de Cedeira.

O primeiro foi veleiro «Amadeus», que contra a medianoite informou a Salvamento Marítimo de que un grupo de orcas estaban batendo contra o timón da embarcación ata que finalmente o perderon. A bordo ían dous tripulantes de nacionalidade francesa que se dirixían de Santander a A Coruña. Foi necesaria a intervención da lancha LS Langosteira para remolcalos ata Cedeira.

Pero non foi o único ataque deste grupo de orcas a pasada noite.  Contra ás 03.00 horas da madrugada  a embarcación «Urki I» deu aviso por radio a Salvamento Marítimo de que estaban sendo atacados por un grupo de orcas, que estaban a petar contra o casco do barco o contra o timón. Nese momento, o «Urki I», tamén con dous tripulantes a borde, atopábase a catro millas ao noroeste de Cedeira. O equipo de Salvamento movilizou de novo á lancha LS Langosteira que os remolcou tamén ata o porto de Cedeira.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.