Un veciño de Cedeira devolve un sobre con máis de 2.000 euros que atopou na rúa

Eran doutro cedeirés que perdera o sobre cos cartos o día anterior trala venda duns montes
27
PUBLICIDAD

A Policía Local de Cedeira quixo agradecer publicamente o comportamento exemplar e solidario dun veciño da localidade que devolveu un sobre con máis de dous mil euros ao seu lexitimo propietario. Un veciño da localidade denunciou estes días en dependencias policiais extraviar un sobre cunha gran cantidade de diñeiro proveniente da venda dun monte.

O sobre unicamente levaba anotada a cantidade exacta que contiña escrita no exterior do mesmo. Sen nome nin outros datos. Ao día seguinte de extravialo, outro veciño da localidade púxose en contacto coa Policía Local para informar dun achado dun sobre con diñeiro no seu interior. Os axentes puxeron en contacto a ambas as persoas e produciuse a devolución desta importante cantidade de diñeiro.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.