Unha viaxe pola historia de Cedeira a través do Pazo de Moscoso

O concello acolle a presentación do libro escrito polo cronista Rafael Usero, coincidindo coa rehabilitación do inmoble e coa próxima apertura da exposición permanente sobre a historia da localidade no Palacete
Pazo de Moscoso
Pazo de Moscoso

Este sábado, 10 de xuño, a casa consistorial de Cedeira será a o escenario da presentación do libro “O Pazo de Moscoso en Cedeira: Datos para a súa historia”, obra do cronista oficial da localidade, Rafael Usero. O acto terá lugar ás 12.00 do mediodía no patio do propio inmoble, situado no casco vello e que vén de ser rehabilitado para albergar diferentes dependencias municipais. A presentación contará coa presencia do autor, Rafael Usero, que tiña listo o manuscrito hai anos, pouco despois de que o Concello comprara o edificio coa intención inicial de adicalo a expoñer os obxectos vencellados á historia local reunidos polo propio Usero.

Así, cando está a piques de abrir a exposición coa “colección Usero” en dúas salas do Palacete Municipal, ve tamén a luz o libro sobre o Pazo de Moscoso. O acto celebrarase no patio do edificio, convertido agora en praza pública e no que se ten prantado unha laranxeira en recordo das árbores froiteiras que o poblaban antigamente. Segundo explicou Ermitas García, concelleira de Cultura en funcións, Rafael Usero conta neste libro, cun estilo moi didáctico, non so a historia do edificio senón tamén parte do pasado da vila de Cedeira. Coa súa lectura é posible descubrir detalles da organización social e do modo de vida dos cedeireses e cedeiresas ao longo de varios séculos.

O actual Pazo Moscoso foi construido sobre un antigo palacete medieval, de maneira que percorrer a súa historia e as súas transformacións, usos e diferentes habitantes é tamén achegarse á historia de Cedeira desde a Baixa Idade Media ata a actualidade. O Concello de Cedeira editou e imprimiu 400 exemplares do libro, que tamén se vai poñer a disposición do público en versión dixital na web municipal. O volume está ilustrado con fotografías cedidas por Iago Leonardo, un fotógrafo nado en Madrid e asentado en México pero moi vencellado a Cedeira por lazos familiares e de amizade. Desde o goberno local en funcións agradecen a colaboración de Leonardo e o traballo de Rafael Usero, non so nesta investigación sobre o Pazo de Moscoso senón polo completo legado de coñecementos e de obxectos que atesourou ao longo dos anos sobre a historia de Cedeira.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.