Xuntanza e ruta cabalar pola serra da Capelada

La asociación A Crina organiza unha comida de confraternización e probas de andadura galega en Cedeira

Arquivo - Ruta a cabalo

Un cento de xinetes procedentes de asociacións equinas de toda Galicia daranse cita mañá sábado en Cedeira para participar nunha nova edición da Xuntanza e ruta cabalar que organiza a entidade local A Crina. O programa incluirá, como é tradicional neste evento que leva desenvolvéndose desde hai case dúas décadas, un paseo a cabalo pola Serra da Capelada, unha comida de confraternización e probas de andadura galega. O Concello de Cedeira colabora de novo este ano coa organización.

Os xinetes reuniranse a partir das 09:30 horas no polígono industrial da Trabe e desde alí iniciarán unha ruta pola Capelada. A medio camiño, segundo informa o presidente da Crina, Ismael Durán, farase unha parada e ofrecerase ás persoas participantes uns petiscos.

De regreso ao polígono, a organización dispuxo unha carpa baixo a que se servirá unha comida a base de paella e churrasco. Pola tarde, a partir das 16.00 horas, haberá probas de andadura galega. A asociación ecuestre A Crina agrupa a unhas 80 persoas, afeccionadas ao mundo equino, tanto do municipio de Cedeira como da súa contorna.

Salir de la versión móvil