Ferrol e Narón comprométense a desbloquear o problema da xestión do sistema de saneamento

Nunha reunión mantida hoxe con ACUAES e Augas de Galicia, os rexedores de ambos municipios mostraron a súa bontade de avanzar nunha solución sobre os gastos que orixinan os interceptores da ría
200923 aquaes foto

A Comisión de Seguimento do convenio subscrito pola sociedade estatal Augas das Concas de España -ACUAES-, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e os Concellos de Ferrol e Narón para a construción e explotación da actuación «Interceptores xenerais da marxe dereita da ría de Ferrol» reuníronse para abordar o desenvolvemento dos labores de explotación por parte de ACUAES destas infraestruturas, así como o seguimento económico da actuación entre outros asuntos.

Á reunión asistiron a directora xeral de ACUAES, Rosa Cobo e os alcaldes de Ferrol e Narón, Anxo Manuel Mato e Marián Ferreiro. Un dos principais asuntos tratados foi a débeda acumulada polo Concello de Ferrol, quen desde maio de 2019 non abonou ningunha das facturas emitidas por ACUAES. Neste sentido, o alcalde de Ferrol apuntou que, ao seu xuízo, parte das facturas necesitan o respaldo do Pleno municipal para poder ser abonadas, unha situación que non se produciu ata a súa chegada á fronte do Consistorio.

Na comisión informouse de que o Concello de Narón atópase ao corrente de pago con ACUAES respecto de todas as facturas viradas e vencidas. ACUAES expuxo distintas alternativas para desbloquear este problema, que os dous rexedores comprometéronse a estudar e dar unha resposta consensuada en breve.

En servizo desde 2014

As obras de «Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol» dividíronse en cinco tramos, «A Malata-A Gándara», «A Gándara- Cadaval», «Estación de regulación de O Porto», «Rio Inxerto» e «Tramo Cadaval-Neda». Estas teñen como obxecto recoller as augas residuais que xeran os habitantes que viven en Ferrol e Narón, para transportalas despois ata a estación de bombeo construida na Malata. De aquí son enviadas a través dun túnel á Estación Depuradora de Cabo Prioriño, na que son depuradas antes da súa devolución á ría.

O novo e moderno sistema xeral de saneamento construído e xestionado por ACUAES consta dunha rede de máis de 25 quilómetros de colectores, once tanques de tormentas e unha estación de regulación de caudais, que permite controlar o caudal enviado á EDAR.

A actuación, cuxa explotación realiza directamente ACUAES a solicitude de ambos os Concellos, presta servizo desde o ano 2014 a unha poboación de 85.000 habitantes equivalentes -156.000 sumando a parte industrial-, e permitiu solucionar a afección que sobre a ría de Ferrol estaba a xerar a vertedura de augas residuais ao longo da súa marxe dereita.

O investimento realizado ascende a 50 millóns de euros e foi financiada nun 90 por cento polo MITECO, mediante achegas de ACUAES e do Fondo FEDER da Unión Europea, e no 10% restante pola Xunta de Galicia.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.