A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, deles 195 son da área da Coruña, 54 da de Lugo, 74 da de Ourense,112 da de Pontevedra, 152 da área de Vigo, 108 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.
Nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal son 5 máis que onte. 15 dos infectados atópanse en illamento domiciliario e 11 están hospitalizados. Destes últimos, 3 afectados (un máis que este venres), están ingresados na Unidade de Coidados Intensivos, dous no Marcide e un no Juan Cardona.