A concellería de Medio Ambiente, Obras e Servizos, que dirixe Ana Lamas, vén de iniciar onte luns 31 de agosto os traballos do plan de mantemento e conservación das zonas verdes públicas do Bertón, o Montón e do centro cultural Torrente Ballester, unha actuación adxudicada a pasada semana por un importe total de 13.471,92 euros.
O voceiro do goberno local e concelleiro de Urbanismo e Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, visitou na tarde de onte a zona verde do Bertón para interesarse pola marcha da intervención, xa en curso.
Tal e como explicou a concelleira tras a adxudicación, ditas zonas non estaban incluídas no contrato de mantemento do ano 2013, polo que o goberno local vén de contratar traballos para a súa conservación con fin de preservar ditos espazos e dar resposta ás demandas veciñais.
Tanto o parque traseiro do Torrente Ballester como a zona do Bertón e o Montón, entre outros espazos, estarán incluídos no novo prego do contrato de Xardíns, no que a concellería de Medio Ambiente xa está a traballar de forma intensa.