Comezan en Recimil os traballos de rehabilitación no edificio situado na rúa de Ares

Un total de 282.885,50 euros irán destinados a estas obras, unha das tres que sufrirá o primeiro parque de vivenda pública de Galicia
2020_08_10Ares01

Esta mañá deron inicio na rúa Ares os traballos de rehabilitación das envolventes do edificio situado nos números 1 e 2. Operarios da adxudicataria comezaron a instalación de valados e estadas e tamén comezaron a chegar os materiais que se van empregar nas obras a realizar. Asi mesmo os traballos de rehabilitación de envolventes dos bloques 1 e 2 da rúa Ares teñen un prazo de execución de tres meses e supoñen para o Concello dar continuidade á recuperación do barrio de Recimil, ao que se destinaron  282.885,50 euros.

Complementarán aos xa acometidos nas rúas 10 de Marzal e Narón, así como aos da rúa Betanzos, que comezaron o mes pasado e se van levar a cabo en paralelo. Para o futuro, significarán tamén unha drástica redución dos labores de mantemento nos edificios. Con esta, a da rúa Ares é unha das tres obras que se van executar este ano en Recimil con cargo aos investimentos financeiramente sostibles e que supoñen aproximadamente dúas terceiras partes destes fondos procedentes do superávit das contas municipais.

As reformas en cuestión

As obras de Ares 1-2 consistirán na intervención nas cubertas mediante a retirada de elementos afectados por insectos, humidades e fungos para substituílos por unha nova estrutura, sobre a que se formarán novas vertentes, con subestrutura e taboleiro de madeira, pranchas de illamento térmico, lámina impermeabilizante e tella plana sobre dobre rastrel. O novo canal situarase no bordo do aleiro e terá sección rectangular. Desaugará nas baixantes no mesmo lugar que o actual e ambos os dous elementos serán de zinc. Nas fachadas instalarase un sistema integral tipo SATE, composto de illamento polo exterior da folla de pechamento e cun acabado uniforme. As carpinterías exteriores principais serán de aluminio lacado en branco en dúas follas abatibles (exceptuando as de menores dimensións, que contarán cunha soa), con rotura de ponte térmico e vidro dobre con cámara.

Como medidas complementarias á mellora da envolvente do edificio, proxéctanse outras, como a reconstrución das chemineas orixinais colocando remates novos para unha mellora na ventilación, a ventilación do espazo baixo cuberta, a saída a cuberta para mantemento, a colocación de antena colectiva de captación de radio e televisión para todo o edificio, a iluminación natural e artificial do espazo baixo cuberta, a instalación dunha liña de vida na cuberta, a mellora de accesos ao baixo cuberta por trapelas con barreira antilume situadas na parte superior das escaleiras en cada portal, a colocación dunha aireación á baixante dos baños das vivendas, o soterrado dos cables e a reubicación das entradas do gas.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.