Conclúen as obras de renovación da cuberta da casa consistorial de Valdoviño

Invertíronse un total de 45.000 euros para poñerlle fin ás humidades e desprendementos causadas polas filtracións de auga debido ao deterioro da infraestrutura
CUBERTA CONCELLO

O Concello de Valdoviño vén de concluír as obras de renovación da cuberta da casa consistorial. Unhas obras necesarias polo avanzado estado de deterioro da infraestrutura e os danos causados polos últimos temporais, que derivaba en continuas filtracións de auga aos pisos inferiores, provocando humidades e desprendementos aos mesmos de xeito recurrente. Así, a intervención realizouse con cargo a fondos propios, cun investimento duns 45.000 euros, e correu por conta da empresa Marcial Díaz.

Execución dos traballos

Os traballos contemplaron a desmontaxe da cuberta formada por tella cerámica e placas de fibrocemento para a posterior colocación de mestras de morteiro correctamente niveladas sobre as que se dispuxo dun illamento de 4 cms de poliestireno extruido. Atornilláronse novas placas de fibrocemento e, sobre estas, colocouse a nova cubrición de tella. Esta mesma operación levouse a cabo tamén na cuberta do campanario

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.