Técnicos de ambulancias esixen que se lles fagan as probas do Covid como personal sanitario

Aseguran que están traballando en "primeira liña de batalla" con pacientes infectados

Traballadores do sector de ambulancias realizaron este venres accións de protesta para esixirlle á Xunta que realice as probas da Covid-19 a todo o persoal do sector. Piden que se lles recoñeza como persoal sanitario e que se lle fagan xa probas válidas, ademais de reclamar máis medidas de protección para garantir a súa seguridade e a dos pacientes.

“Hai xa tres semanas, a Consellaría de Sanidade comunicou que se ían realizar probas da Covid-19 a todos os traballadores das ambulancias, tanto do transporte urxente como do programado, para evitar a expansión dos contaxios e comprobar a incidencia da enfermidade entre o persoal do sector. Pero só se fixeron en A Coruña e en Vigo”, explican desde o sindicato CIG.

As traballadoras e os traballadores de ambulancias lembran que, aínda que a Xunta non os recoñece como persoal sanitario, son a primeira liña de batalla no coronavirus porque “as e os pacientes non veñen só aos hospitais, senón que somos nós quen os imos buscar”.

 

 

Salir de la versión móvil