Continúan abertas as axudas escolares para os alumnos de Narón ata o 14 de agosto

Todos os interesados na adquisición de material didáctico ou en becas para os comedores poderán ver as bases que indican os requisitos a seguir
Imagen de archivo de un comedor escolar
Imagen de archivo de un comedor escolar

o Concello de Narón recordou hoxe 3 de agosto a apertura ate o venres 14 de agosto do prazo de solicitude das axudas municipais para adquisición de material didáctico escolar, dirixido ó alumnado de centros de ensino públicos e concertados, e as axudas de comedores para alumnado de centros concertados no vindeiro curso académico 2020-2021.

Pola súa parte a edil pertencente a área de Ensino, Mercedes Taibo, indicou que as solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello -de luns a venres entre as 8.30 e as 13.00 horas-, na Sede Electrónica ou por calquera outro medio previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Persoas que poden beneficiarse das axudas

As axudas para material didáctico e escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Narón serán para matriculados en segundo ciclo de Educación Infantil, educación Primaria e Secundaria, Bacharelato, FP de Ciclos medios, Educación Secundaria de Adultos e Centros de Educación Especial.

Diríxense a familias empadroadas en Narón e cuxa capacidade económica non supere os umbrais económicos establecidos na convocatoria e demais requisitos da mesma, que se poden consultar na páxina web do Concello, a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Material-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as de material escolar, e de: http://www.naron.es/web/docs/Bases-Comedor-Escolar-curso-2020-2021-BOP-24-07-2020.pdf as dos comedores escolares.

Así mesmo, en canto ás axudas de comedor escolar, destínanse a familias de alumnado escolarizado en centros docentes concertados de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria con dificultades socioeconómicas e de conciliación da vida familiar e laboral.

As persoas interesadas en solicitar máis información sobre as persoas destinatarias destas axudas, documentación a presentar ou impreso de solicitude poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Concello.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.