Controis de aforo en supermercados e panaderías de Ferrolterra

Estes establecementos son dos poucos que pudeiron abrir no primeiro día laborable tras o estado de alarma nacional

A meriande parte de xente que sae estes días a rúa o foi para mercar alimentos. Os supermercados e panaderías son uns dos poucos establecementos que aínda permanecen abertos para cubrir as necesidades básicos dos cidadáns.

Neste primero día laborable tras decretarse o estado de alarma, as cadeas de supermercados da comarca impuxeron algunhas normas que colleron de sorpresa a moitos dos clientes. Unhas normas que se implementarán polo menos ata dentro de 15 días e que poderían ampliarse se se prorroga o estado de alarma, como parece que será.

Os establecementos impuxeron, por un lado, un control de aforo e, ademáis, algunhas medidas hixiénicosanitarias como a obligatoriedade de facer a compra con luvas de plástico ou aplicarse líquido desinfectante ao entrar.

Algúns establecementos de hostelería e cadeas de restauranción pecharon as súas portas pero mantiveron o servizo a domicilio.

Outros comercios que abriron, como farmacias, estancos e quioscos estableceron un cordón de seguridade de máis dun metro e medio entre os clientes e os dependentes para atender e cobrar.

Hoxe puidéronse ver a deceas de clientes con mascarillas de seguridade e luvas de latex por toda a cidade. Unhas medidas que as autoridades sanitarias non recomendan para aqueles que non se atopen infectados, xa que poderían resultar contraproducentes.

 

Salir de la versión móvil