Da comezo o servizo de comedor escolar municipal de Mugardos

Este luns 14 de setembro arranca no centro de Unión Mugardesa e no Santiago Apóstol de Franza este servizo con moitas restriccións e unha gran redución de aforo
Comedor Santiago Apostol

Mugardos xa ten todo listo para a posta en marcha do comedor escolar hoxe luns 14 de setembro, tanto para o servizo de almorzo como para o de xantar. O comedor escolar, que aplicará todas as limitacións fixadas pola normativa de prevención de contaxios -xel, máscaras faciais, distanciamento, alfombrilla, etc-, finalmente tamén contará con mamparas individuais en todos os postos para os usuarios tanto no centro de Unión Mugardesa como no Santiago Apóstol de Franza.

O horario do servizo de madrugadores dará comezo ás 7.30 horas e ata as 9.00 horas, para todos aqueles usuarios admitidos que tiveran solicitado o servizo e para mes completo. O comedor retomará a súa actividade de 14.00 a 15.00 horas para o servizo de xantar ao que poderán asistir os admitidos que tiveran solicitado o servizo para mes completo.

Menor número de plazas

A concelleira de Ensino, Begoña Roldós, confirmou que este ano o servizo de comedor sinalouse como prioritario, pero debeu rebaixar o número de prazas dispoñibles por mor das limitacións impostas pola situación epidemiolóxica e as indicacións das autoridades sanitarias, o que obrigou á implementación de medidas que facilitasen o cumprimento de criterios de distanciamento e hixiene.

«É evidente que prestar este servizo cunha pandemia non é a situación ideal nin para os usuarios, nin para as súas familias, nin obviamente para o goberno municipal como responsable do servizo, pero traballouse moito para dar o máximo nivel de seguridade aos usuarios que obtiveron praza este ano no comedor. Cruzamos os dedos para que o antes posible poidamos abrir o servizo a máis usuarios, por que significará que a situación epidemiolóxica e as autoridades sanitarias así o permiten», apuntou a concelleira.

A edil reiterou que no caso de que algunha familia requerise da colaboración municipal por non ter acceso este curso ao servizo de comedor escolar, pode poñerse en contacto cos servizos sociais municipais

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.