Defensa oferta 3.500 prazas nas Forzas Armadas

O Organismo de Apoio ao Persoal en Ferrol informará sobre as 2.375 prazas dispoñibles para o Exército de Terra, 525 para a Armada e 600 para o Exército do Aire
tg_carrusel_cabecera_grande

O Ministerio de Defensa publicou un total de 3.500 prazas, correspondentes ao Segundo Ciclo de Selección da convocatoria de 2020 de acceso á condición de Militar de Tropa e Mariñeiría. En concreto ofértanse 2.375 prazas para o Exército de Terra, 525 para a Armada e 600 para o Exército do Aire.

Das 525 prazas ofertadas para a Armada, 86 corresponden a especialidades do Corpo Xeral con destinos na zona norte (Ferrol, Tui, Marín, San Sebastián. Bilbao), 20 prazas para o Terzo Norte, unha para a especialidade de música -trompeta- para o Terzo Norte e unha para a especialidade de música -tuba- para Marín. O persoal que consiga obter algunha destas prazas presentarase na Escola correspondente o 11 de xaneiro do 2021 para iniciar o seu proceso de adaptación e formación.

Entre os requisitos que se esixen, os aspirantes deberán ter entre 18 e 28 anos, e posuír como mínimo o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria -ESO-.

Poderase solicitar cita previa para participar no proceso selectivo ata o 2 de marzo inclusive, nas oficinas do Organismo de Apoio ao Persoal -OAP- en Ferrol -primeiro piso do edificio de Herrerías-, na Subdelegación de Defensa da Coruña, ou na súa oficina delegada en Ferrol na Rúa Cuntis. Igualmente e sempre que estea dispoñible, a cita previa poderase solicitar por vía telefónica no número 902432100 ou 913089798, ou a través da páxina web do Ministerio de Defensa www.reclutamiento.defensa.gob.es

Achega do Organismo de Apoio ao Persoal

A misión dos OAP no seu ámbito territorial, é a de proporcionar apoio aos membros das Unidades da Armada e ás súas familias, facilitar as tarefas administrativas do citado persoal, do que está na reserva ou retirado, así como levar a cabo actividades relacionadas co Recrutamento.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.