A área sanitaria de Ferrol rexistrou por primeira vez desde que se desatou a crise sanitaria un descenso, aínda que sexa simbólico, no número de casos activos. O rexistro deste mércores sinala que hai un total de 269 pacientes infectados, un menos que este martes, gracias ao gran número de altas que se realizaron. Contando falecidos e altas desde o inicio da expansión do coronavirus as comarcas contabilizan unha cifra total de 318 veciños que o padecen ou o padeceron.
En canto o informe da Dirección Xeral de Saúde Pública relativo aos enfermos das comarcas, 12 atópanse ingresados en unidades de coidados intensivos (un máis que na xornada anterior). Outros 44 infectados permanecen ingresados —catro menos—, e o resto, 274 contaxiados, están nos seus domicilios.
En total déronse xa 34 altas na área sanitaria e faleceron 15 persoas. As dúas últimas mortes rexistradas en Ferrol foron dúas mulleres de 83 e 85 anos que estaban ingresadas no CHUF e faleceron a pasada noite.