O Concello de Valdoviño vén de abrir a inscrición nunha nova ruta do programa «Móvete en Valdoviño». Celebrarase o sábado 22 de agosto e o itinerario discorrerá neste caso por Pantín e Vilarrube. As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected] ou un whatsapp ao número 626465531 sinalando nome e apelidos, DNI, data de nacemento, localidade de empadronamento e teléfono de contacto. O prazo de inscripción conclúe o xoves 20 de agosto e as prazas están limitadas a 50 por mor da crise sanitaria.
A ruta dará comezo ás 10.00 horas e o punto de partida especificarase ás persoas inscritas. Sen dúbida, a mellor forma de coñecer Valdoviño e a súa contorna natural e, ao mesmo tempo, fomentar hábitos saudables a través do deporte.
Medidas anti-Covid
Nesta liña, a situación derivada da COVID-19 obriga ao Concello a plantexar unha serie de recomendacións imprescindibles para tomar parte nas rutas como é o uso obrigatorio de mascarilla, levar nas rutas un pequeno bote con líquido desinfectante para as mans e que cada un leve o seu propio material deportivo e a súa bebida e comida. Ademais, durante a marcha e para evitar sobrepasaro a distancia de seguridade, é recomendable camiñar en paralelo cunha distancia mínima de 1,5-2 metros.
As paradas de descanso que se realizarán durante a ruta serán en lugares amplos onde se poidan manter as distancias de seguridade e, se algún participante necesita algún tipo de axuda, para acceder a algún lugar, será obrigatorio a posterior desinfección das mans. Como recomendacións xerais para asistir á ruta, a Concellería de Deportes lembra a importancia de levar roupa e calzado cómodo; gorra, visera ou similar; protección solar; auga e algún alimento e un chuvasqueiro.