Axentes da Policía Local de Cedeira procederon en datas pasadas á detención dun veciño da localidade, tras recibir informacion que estaba, en evidente estado etilico, ameazando a clientes dun establecemento cun coitelo de cociña.
O detido non opuxo resistencia á detención e foi trasladado ao cuartel da Garda Civil da localidade pola patrulla actuante e posteriormente posto ao dispor do Xulgado de Garda.
Noutras actuacións realizadas pola Policía Local realizouse denuncia administrativa a un condutor por circular baixo os efectos do alcol. Veciños deron aviso dun condutor que tras saír de varios bares da localidade collía o seu vehículo e conducía o mesmo sen estar en plenas facultades.
Coa descrición dos feitos a patrulla de servizo detivo o vehículo e realizou a proba de alcoholemia ao condutor que dió positivo na mesma, polo que formulou a correspondente denuncia e inmobilizouse o vehículo.