Dispoñible xa a programación cultural que chega a Ferrol e coa que poderase gozar no Teatro Jofre

Actuacións teatrais de moi variados temas, espectáculos artísticos de danza e música e concertos en vivo serán os prazos fortes do espazo teatral por excelencia
61410238_2301236820097193_8323260652411944960_o

O Concello de Ferrol puxo á venda esta semana na web do teatro Jofre (http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx) as entradas para varios espectáculos que terán lugar na cidade nos próximos días e que forman parte da programación cultural presentada a mediados de mes de cara ao segundo semestre do ano.

Programación cultural no Jofre

Un deles é «Leira», de Nova Galega Danza, que terá lugar mañá sábado 26 de setembro, ás 20.30 horas, no teatro Jofre. Trátase dunha das compañías galegas con maior proxección nacional e internacional que chega a Ferrol cun espectáculo de danza e música que mostra o sacrificio dos labores no campo.

Tamén están á venda as entradas para unha das recomendacións deste ano da Red Española de Teatros, Auditorios, Festivales y Espacios de Titularidad Pública, «Tour Vacanal 2020», da compañía De Vacas. Poderase gozar o próximo 3 de outubro, ás 20.30 horas, no teatro Jofre, nun concerto con humor que combinará música, ironía, frescura, talento e creatividade.

Pola súa banda, o día 11 de outubro, ás 19.30 horas, chegará tamén ao Jofre a obra teatral «Óscar, el niño dormido», da compañía El Espejo Negro. Dita representación forma parte tamén das recomendacións formuladas pola Red Española de Teatros, Auditorios, Festivales y Espacios de Titularidad Pública ademais de estar premiada co premio Max. Trátase dun espectáculo familiar moi emotivo posto que aborda con especial sensibilidade a realidade que envolve a un pequeno que tras un golpe quedou en estado de coma.

Tamén se poden adquirir as entradas para o concerto folk de Sheila Patricia Banda, que terá lugar o día 16 de outubro, ás 20.30 horas, no teatro Jofre, cun estilo orixinal e fresco como sinais de identidade da brillante compositora.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.