A área sanitaria de Ferrol diagnosticou ata hoxe 356 casos positivos de coronavirus. Son doce máis que onte, a pesar de que se deron seis novas altas e son xa 73 os doentes que abandoaron o hospital tras superar os síntomas máis graves. Este leve repunte dase tras máis de sete días cunha estabilización case total dos casos.
Actualmente 30 persoas permanecen ingresadas no hospital, 6 na UCI e 24 en planta. O resto dos diagnosticados, 326 doentes, atópanse nas súas casas con síntomas leves e control telefónico por parte do Sergas. Os número de falecidos ata o momento é de 25 persoas, dous nunha residencia de Pontedeume e o resto nas UCI dos hospitais comarcais. Esta mesma mañá faleceu un home de 84 anos que se atopaba ingresado no CHUF con patoloxías previas.
A contención da curva de contaxios, tanto en Ferrol como en Galicia, levou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta a empezar a perfilar algunhas das medidas que se deben adoptar para retomar a normalidade nalgunhas área sanitarias. Onte mesmo, a xerencia do CHUF reunise cos xefes de servicio para ter en conta tódalas valoracións clínicas e técnicas de cara a tomar próximas medidas, que virán coordinadas doutras decisións a nivel ministerial e do goberno galego.
Discussion about this post