Dous doentes ingresados por coronavirus no CHUF foron dados de alta esta tarde

Foron despedidos entre vítores, aplausos e mostras de agarimo polos sanitarios que levan máis de 15 días coidando deles

A sétima planta do centro hospitalario Arquitecto Marcide, onde permanecen os doentes infectados por coronavirus, viviu hoxe momento de festexo e ledicia tralo alta recibida por dúas das persoas alí ingresadas.

Despois de máis de dúas semanas de illamento tras confirmarse os positivos en Covid-19, os dous homes arroxaron resultados negativos nas probas realizadas nas últimas 48 horas, polo que foron enviados aos seus domicilios baixo vixilancia sanitaria.

Estas altas supuxeron unha dose de ánimo tanto para os sanitarios que traballan a diario na planta cos doentes, como para o resto de enfermos, que atisban un raiola de ilusión co éxito dos seus compañeiros de hospital.

Salir de la versión móvil