As empresas auxiliares do naval na ría, veñen de confirmar os dous primeiros casos de contaxio por Covid-19 nos estaleiros ferroláns. Navantia comunicou onte ao comité de empresa que o xoves pola tarde confirmouse o primeiro caso de positivo en coronavirus na factoría pública. Trátase dun operario da empresa Soamar que estaba traballando na zona de popa do AAOR-2. Dado que o seu último día de traballo foi hai trece días, o pasado venres 13, a empresa cree que hai poucas posibilidades de que o día 13 xa estivese contaxiado, pero en calquera caso a empresa xa activou un protocolo especial de limpeza e desinfección nas taquillas que usa habitualmente.
Soamar envioulle a Navantia unha relación de toda a súa plantilla clasificada segundo o grao de interrelación persoal co traballador enfermo e comunicou que ningún outro traballador de Soamar presenta síntomas.
Un segundo caso
Esta mesma tarde, a empresa confirmou un segundo positivo na factoría. Nesta ocasión é un traballador da empresa Serfrimec que se mudaba nas taquillas de Carenas. Navantia xa está traballando xa na elaboración do mapa de interrelacións persoais deste compañeiro.
Na xuntanza do comité de emerxencia desta mañá, os sindicatos plantaron que Navantia se puxese en contacto coas autoridades sanitarias, que se debería establecer un mapa doutras posibles interrelacións persoais con traballadores doutras empresas e que, como medida preventiva, a todas aquelas persoas que tivesen contacto con el se lles debería facer un test de detección do coronavirus.
Discussion about this post