Emotiva homenaxe en San Sadurniño a Fernando Amor, o garda civil asasinado por ETA na súa loita contra o terrorismo

Ao acto acudiron membros da súa familia, achegados de benemérita, varios alcaldes das localidades lindeiras e a subdelegada do Goberno na Coruña
200803 SDC homenaje

Este luns 3 de agosto rediuse no municipio de San Sadurniño unha homenaxe en memoria de Fernando Amor, o garda civil asasinado por ETA fai agora 35 anos. Pola súa parte e como convidada, a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, destacou hoxe que a sociedade española mantén unha débeda permanente coas persoas falecidas na loita contra o terrorismo.

Este acto promovido polos gardas civís do posto de San Sadurnino contou tamén coa presenza da viúva, a filla e o irmán do homenaxeado, ademais do coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, que fixo unha destacada descrición de Fernando Amor. Por outra banda a nivel gubernamental estiveron presentes os alcaldes das Somozas, Moeche, San Sadurniño e Valdoviño, ademais de contra coa presenza do xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Balseiro.

Na súa alocución, a subdelegada do Goberno lembrou que memoria, dignidade e xustiza son algúns dos alicerces que deben guiar a actuación das institucións públicas respecto a as vítimas do terrorismo e as súas familias.“Ningunha vítima mereceu o dano causado, como tampouco o mereceron as familias, a Garda Civil, o Exército, a Policía Nacional e os centenares de persoas vilmente asasinadas”, sinalou, lembrando así ás 858 vítimas de ETA, das que máis de 200 foron gardas civís.

Por iso, lembrou que detrás de cada vítima, de cada cifra, de cada ferido, hai unha persoa, polo que é necesario poñerlle nomes e é necesario non esquecer, mesmo a pesar de que entre todos conseguísemos o triunfo da liberdade e a democracia. A maiores quíxose coa homenaxe poñer en valor o traballo da Garda Civil, a institución que máis directamente sufriu os ataques terroristas ao ser a máis belixerante e eficaz na loita contra o terrorismo. Neste sentido, destacou que non pode haber mellor homenaxe que o nado dos propios compañeiros, como foi o caso de Fernando Amor, o que exemplifica os valores da benemérita.

Pilar López-Rioboo trasladou a solidariedade e apoio en nome do Goberno español cara á familia e cara a todas as vítimas de terrorismo. “Son consciente que seguiremos en débeda con todas as vítimas pero espero que poidades sentir a nosa proximidade, o noso apoio e a nosa solidariedade para polo menos tratar de saldar unha parte desa débeda que sempre manteremos coas persoas que, como Fernando, permitíronnos consolidar a nosa liberdade”, concluíu a súa intervención.

Relacionadas