Endesa Energía SAU faise cargo do suministro eléctrico de Valdoviño

Dende a administración local prevén un aforro de máis de 750.000 euros en cinco anos con esta nova adxudicación, aforrando a factura eléctrica case á metade
116280869_1976148609184209_5689975642370891883_o

O Concello de Valdoviño informou esta mañá do 14 de setembro da adxudicación do contrato de subministro de electricidade en alta e baixa tensión á empresa Endesa Energía SAU. Unha licitación que se realizaba a través da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias -FEMP-, á que recentemente se adhería o Concello para axilizar trámites e procedementos.

Aforro de máis de 750.000 euros

A Administración local destinará unha partida duns 160.000 euros máis ive ao ano cunha duración de 5 anos, incluídas as prórrogas correspondentes. Así, o gasto nese lustro ascendería a uns 803.000 euros. Segundo explicou o alcalde, Alberto González, co novo contrato o Concello aforrará uns 750.000 euros nese periodo, o que reduce a factura eléctrica practicamente á metade.

Unha rede eléctrica máis sustentable

Ese significativo aforro débese a dúas razóns principais. Por un lado, a empresa adxudicataria presentaba unha oferta que rebaixaba o importe de licitación en máis de 39.000 euros e, por outro, o Concello realizaba un estudo que constataba a posibilidade de reducir os gastos polo servizo noutros 100.000 euros anuais respecto á factura actual. Entre outras razóns, polo menor consumo derivado da implantación de tecnoloxía LED ou renovación de cadros eléctricos que o Concello levou a cabo nos últimos anos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.