O xornal Enfoques.gal, na súa labor social de constuir unhas comarcas máis fortes, máis informadas e máis unidas, reuniu a algúns dos alcaldes e alcaldesas dos nosos municipios para pedirlles que falaran de tú a tú cos seus veciños e veciñas. Aínda que os vinte rexedores dos vinte concellos que conforman as comaras de Ferrol, Eume e Ortegal foron invitados a participar nesta iniciativa, os problemas de axenda, nestes momentos tan convulsos, impediron a todos eles estar presentes. Aínda así, todos trasladaron a este xornal a mesma mensaxe de ánimo e unidade tódolos ferrolterráns, eumeses e orteganos.
Non só compartimos territorio, senón que somos unhas comarcas e uns concellos cunha historia, un presente e un futuro común e é, precisamente, en momentos coma estes cando debemos amosar, máis que nunca, a nosa unidade como pobo.
Discussion about this post