Enrique Ramil fará bailar a Ibiza este verán co seu remix realizado polo famoso DJ Álex Guerrero

O cantante nado en Ares é moi coñecido polas súas intervencións en varios programas de televisión como Tú sí que vales ou Operación Triunfo

Enrique Ramil ten unha extensa carreira como cantante e aínda que lle queda moito por facer non perde o tempo. Con tan só 36 anos xa leva 20 facendo o que máis lle gusta diante das cámaras de televisión. Estivo en innumerables programas de televisión, comezando en Cuatro con La batalla de los coros, e deixando pegada por outros moi coñecidos como Tú sí que vales e Operación Triunfo, pasando por Factor X e rematando en Canal Sur aparecendo en El legado de… y en Tierra de Talento, onde de este último saíu gañador.

Novo remix co dj Álex Guerrero

Para quen non o coñeza, Alex Guerrero é un dos DJ’ s e produtores consagrados da escena house de España. As súas producións soan en todos os clubs deste país e incluso goza da súa propia compañía discográfica: Caresse Records.

Xa dende o pasado 17 de xullo sacou un novo remix que preparou co cantante nado en Ares, e que sen dúbida terá moito éxito entre os afeccionados a este estilo musical. O seu nome é Forgiveness. “Esta iniciativa de facer remixes xurdiu polo confinamento xa que estaba en casa sen facer nada e púxenme en contacto con varios compañeiros que se dedican a isto. De momento levo tres dende febrero ata agora. Parece que a canción está funcionando ben, pero porque eles xa teñen moito público detrás, van a moitos eventos e salas cunha gran cantidade de xente que os segue”, dicía Enrique Ramil ansioso porque o éxito siga avanzando e impulsando a súa carreira.

Gañador de Tierra de Talento

“O ser galego e gañar un programa andaluz é un poco flipe. Levo 20 anos participando en programas coma este e a verdade é que foi unha gran ilusión rematar gañando o meu primeiro concurso televisivo. Aínda non decidín que vou facer co premio pero estou moi contento por esta oportunidade”, afirmaba Enrique Ramil tras gañar o premio valorado en 10.000 euros de beca para seguir continuando co seu éxito diante do micrófono.

“Eu xa vira o concuros e gustábame, ademais que tiña a impresión de que todas as persoas que participaban, gañaran ou non, se lles trataba ben non como en outros programas nos que participei que eran moito máis agresivos contigo. Iso foi o que me motivou a presentarme”, dicía ao ser preguntado por esta nova incursión televisiva, da que sen dúbida algunha saiu máis que satisfeito

 

Salir de la versión móvil