Entréganse 1.700 máscaras aos hosteleiros e comerciantes de Covas

O Concello de Ferrol achegará EPI á Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca e a Hoscompro Canido para conter a expansión do coronavirus
ffff

O Concello de Ferrol iniciou a finais de maio o reparto de equipos de protección individual -EPI- entre os colectivos de comerciantes, hostaleiros e taxistas da cidade. A través das asociacións, o goberno local está a facer chegar as máscaras protectoras aos propietarios dos establecementos co fin de contribuír á loita contra a expansión da Covid-19 entre a poboación.

1.700 máscaras para conter o virus

O concelleiro de Urbanismo, Infraestructuras, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Julián Reina, entregou no día de onte ao presidente da asociación de veciños de Covas, Manuel Sendón, outras 1.700 máscaras protectoras, que serán distribuídas entre os hostaleiros e comerciantes do barrio.

O reparto proseguirá ata chegar ao resto de asociacións de Ferrol, que recibirán o material en función do número dos seus empregados. Nos próximos días o Concello entregará EPI á Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarca e a Hoscompro Canido, que aglutina a comerciantes e hostaleiros do barrio.

Tras a entrega do material, Reina e o representante veciñal mantiveron unha reunión para abordar as necesidades do barrio e as demandas dos veciños de Covas, explicou o concelleiro, «na liña do goberno local de manter contacto periódico coas entidades veciñais da nosa cidade», tal e como explicou Reina.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.