ESCAPADAS | Punta Sarridal: historia e natureza en Cedeira

Rodeados por cantís, o castro Sarridal e o Castelo da Concepción trasládannos a outra época nun saínte rochoso a escasos quilómetros do casco urbano de Cedeira
xeral-castro-sarridal-cedeira
PUBLICIDAD

Na boca da ría cedeirense, a Punta Sarridal alberga un castro e un castelo do século XVIII rodeados dunha paisaxe natural inédita. Na visita a este saínte, poderemos gozar de historia, natureza e vistas impresionantes. Comezando cronolóxicamente na etapa prehistórica, na pista de acceso á Punta Sarridal atopámonos co castro homónimo. O Castro Sarridal ocupa gran parte deste enclave xeográfico e os investigadores sitúano na segunda fase da cultura castrexa (entre os século V-II a.C ata os séculos I-II d.C.).

As primeiras intervencións arqueolóxicas no Castro comezaron no verán de 2017 e, tras catro campañas, deron como resultado a consolidación e restauración do “Monumento con Forno”. Só existen 5 construcións como esta en Galicia, cuxa utilidade eran os baños de vapor, cumprindo unha función socio-lúdica nas saunas castrexas.

Tras esta viaxe á prehistoria, a Punta Sarridal ofrécenos algunhas das mellores vistas da ría de Cedeira. Continuando polo sendeiro no que se atopa o castro, chegaremos ao Faro da Punta Sarridal.
Este faro-baliza enclávase nun rochoso cantil ao que se accede por unha pequena escaleira e se sitúa a 30 metros de altitude respecto do nivel do mar. De volta á zona do Castro, atoparemos unha pista de baixada ata o Castelo da Concepción e nos trasladaremos ata o século XVIII, época da súa construción.

 

Reconstrución virtual en 3D do monumento con forno do castro de Punta Sarridal ou Campo do Castro | PABLO APARICIO RESCO

Foron os propios veciños de Cedeira quen demandaron a súa edificación tras o ataque da vila por parte dos ingleses na Guerra de Sucesión austriaca. Logo da súa restauración na década dos 90, o Castelo é accesible ao público e pódense visitar algunhas das súas estancias.

Como funcionaba o Monumento con Forno?

O proceso desta sauna prehistórica comezaba nunha antecámara, unha zona de adaptación con temperatura templada. A continuación, accedíase á cámara onde se tomaban os baños de vapor. Grazas a unha “piscina” ubicada na cámara producíase a calor: botábanse os cantos quentes dende un forno comunicado coa piscina. Toda esta estrutura é recoñecible actualmente grazas ás excavacións arqueolóxicas efectuadas.

Algúns datos útiles para a visita

  • O Castro de Sarridal e mais a súa contorna natural son accesibles en calquera momento. Porén, para visitar o interior do Castelo da Concepción é preciso unha entrada gratuita dispoñible na oficina de turismo de Cedeira.Para acceder, o mais recomendable é chegar ata o porto de Cedeira en coche ou a pé e chegaremos ao Castelo da Concepción. Dende alí, poderemos camiñar ata o Castro e a Punta de Sarridal.
  • Toda a paraxe natural da Punta Sarridal está incluída na Zona de Especial Protección (ZEC) da Rede Natura 2000, o que nos confirma a importancia da súa biodiversidade. Ademais, recórdanos a importancia de coidar o entorno natural, evitando deixar residuos e respetando a fauna e flora autóctonos.
  • O Castro do Sarridal xa vai pola súa sétima campaña arqueolóxica, que finalizou o pasado mes de outubro.

 

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.