EspadEla, o proxecto co que as mulleres do rural de Valdoviño promoverán o seu empoderamento

Levaranse a cabo catro cursos onde este colectivo poderá espallar e compartir as súas experiencias persoais nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino
59e090a939732..0-0-1348-694

O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición para participar en EspadEla: Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural. Este proxecto naceu en 2018 impulsado pola cooperativa Arabías, da man do Sindicato Labrego Galego e financiada pola Deputación da Coruña.

Con esta iniciativa pretenderase crear espazos de traballo no plano persoal para mellorar as condicións de vida das mulleres do rural, coa intención de que estas mudanzas podan espallarse e compartirse nunha rede de sororidade e recoñecemento feminino.

4 obradoiros apoiándose nas novas tecnoloxías

A través da mesma, ofrécense 4 obradoiros que combinarán formación presencial e a distancia a través do apoio das novas tecnoloxías. Todos eles contan cunha duraccion total de 4 horas, e son «Con voz propia», «Enredad@s», «Habitando o noso corpo» e «Saberes en común».

As mulleres interesadas en tomar parte deben inscribirse enviando un email a [email protected] ou no teléfono 981 48 70 41 -extensión 5-. O prazo conclúe o 25 de setembro e todos os obradoiros se desenvolverán no local social de Vilaboa -antiga unitaria- os mércores. O primeiro encontro celebrarase o 30 de setembro.

Con voz propia

Neste primeiro curso traballarase arredor da autoestima, da participación, do liderado e da prevención de violencias machistas. Abordarase o recoñecemento persoal das mulleres como suxeitos de dereitos políticos, sociais e civís.

Enredad@s

Centrado nas novas tecnoloxías, neste curso realizarase unha aproximación ás posibilidades que ofrece Internet e as redes sociais traballando o manexo práctico de dispositivos móbiles que facilitan a comunicación e o traballo en rede.

Habitando o noso corpo

Esta terceira reunión xirará arredor do autocoñecemento, o autocoidado e a expresión emocional. Utilizaranse ferramentas da biodanza, da atención plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o goce e o autocoidado.

Saberes en común

No último curso farase unha recuperación e posta en valor de saberes, coñecementos e experiencias das mulleres sobre os diversos traballos que desenvolveron ao longo da súa vida, así como do territorio que habitan.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.