O Sergas informou hoxe de dúas mortes máis no área sanitaria de Ferrol a causa do coronavirus. Trátase dun varón de 64 anos e dunha muller de 66 que se encontraban ingresados nas unidades de coidados intensivos do CHUF. Ámbolos dous, segúndo o Servizo Galego de Saúde, presentaban algún tipo de patoloxías previas que agravou o seu estado de saúde tras contraer o virus.
Trátase das vítimas mortais máis novas do coronavirus no área sanitaria de Ferrol. Con estes dous falecementos son xa doce os falecementos por Covid-19 durante esta crise sanitaria en Ferrol, Eume e Ortegal. Actualmente, hay 17 persoas en estado grave ingresados nas UCI dos hospitais Arquitecto Marcide, Naval e Juan Cardona.
Discussion about this post