A Deputación financia a reurbanización de outros dous bloques do barrio de San Valentín, en Fene

As obras, cun orzamento de 170.627 euros, mellorarán os espazos públicos dos bloques dous e cinco e a renovación do firme da avenida da Cooperación
La reurbanización de San Valentín es una de los proyectos que se acometerán con cargo a las ayudas provinciales
La reurbanización de San Valentín es una de los proyectos que se acometerán con cargo a las ayudas provinciales

A Deputación da Coruña e o Concello de Fene cofinanciarán as obras de reurbanización dos bloques dous e cinco do barrio de San Valentín, no municipio de Fene.

As obras, actualmente en fase de licitación, suporán un investimento de 170.627 euros dos que 167.348 serán achegados cos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) da Deputación e darán continuidade aos proxectos de reurbanización xa realizados noutros bloques deste popular barrio fenés, que data de principios dos anos 70, mellorando a accesibilidade da zona, dotándoa de novas beirarrúas máis anchas, bordos e nova rede de saneamento.

O proxecto inclúe ademáis a renovación do firme da Avenida da Cooperación, actualmente moi deteriorado, cunha nova capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm de espesor. Inclúese tamén o pintado de novas marcas viais e a renovación da sinalización vertical.

Ampliación do cemiterio municipal de Barallobre

Tamén se atopan en fase de licitación pública as obras de ampliación do cemiterio municipal de Barallobre, cun investimento de 253.797 euros, dos que 187.597,98 € son achegados polo Plan Único (POS+2019) da Deputación e os restantes 66.199, 05 € con fondos propios do municipio.

O cemiterio conta actualmente cuns 6.000 nichos e un alto grao de ocupación. As obras suporán a construción de 378 novos nichos e 126 cinceiros, dispostos en 162 columnas con beirarrúa perimetral, separados das zonas axardinadas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.