A exposición dedicada aos heroes e heroínas do 72 recala en Fene

Consta de trinta retratos en primeiro plano realizados en branco e negro por Xurxo Lobato aos homes e mulleres que loitaron contra a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade de Ferrol
Rafael Pillado, o alcalde Juventino Trigo; o autor da mostra, Xurxo Lobato e Sari Alabau | CONCELLO DE FENE
Rafael Pillado, o alcalde Juventino Trigo; o autor da mostra, Xurxo Lobato e Sari Alabau | CONCELLO DE FENE

A Praza do 10 de Marzo, en San Valentín, acolleu este mércores a inauguración oficial da exposición Rostos da Memoria. Ferrol 1972′, un proxecto fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade de Ferrol do ano 1972, «que aínda están vivas e son merecentes dun recoñecemento público no ano do 50 aniversario dos asasinatos de Amador e Daniel».

A exposición -que permanecerá na praza até o 31 de agosto- está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Foi, esta de Fene, a primeira mostra da exposición, que rotará logo polos restantes concellos da Mancomunidade e que se inaugurou nun acto entrañable, coincidindo co “Día da Galicia Mártir”, rodeados os Rostros da Memoria de moitos rostros coñecidos, de protagonistas dos sucesos, de xentes daquela época e de moita xente máis nova preocupada por coñecer a memoria e porque os valores daqueles feitos se manteñan.

Rostos da Memoria. Ferrol 1972′ está formada por 16 soportes autoportantes estruturados en catro cubos de 140x220cm, acondicionados para poder exhibirse o aire libre. Neles aparecen 30 retratos en primeiro plano realizados en branco e negro e cunha ollada «sobria, austera, minimalista e expresionista» á procura dunha mensaxe protagonizada polos rostros e o paso do tempo «para expresar a dor lembrada pola represión», explica Xurxo Lobato.

A mostra atópase na oraza 10 de Marzo de San Valentín, en Fene | CONCELLO DE FENE

Segundo o autor, a mostra pretende renderlle homenaxe «ás persoas que coa súa loita polos dereitos democráticos e sindicais axudaron á chegada da democracia ao Estado español. A democracia ten unha débeda histórica con estas loitadoras e loitadores. Eles foron os protagonistas que axudaron a acabar coa ditadura».  Para levar a cabo o proxecto, o fotoxornalista conseguiu localizar 30 personas que viviron en primeira persoa e como activistas os episodios de 1972, sendo consciente de que «hai máis, pero non foi posible dar con elas. Son todas as que están pero non están todas as que son».

As fotografías de Lobato compleméntanse nos módulos expositivos con textos do manifesto da A.C Fuco Buxán e da Asociacion Memoria Histórica Democrática, colaboradoras na xestación da mostra, así como coas achegas de Lourenzo Fernández Prieto -catedrático da Universidade de Santiago e coordinador do proxecto Nomes, Voces e Lugares-  e de Ánxela Loureiro, escritora e unha das historiadoras que máis afondou na investigación dos sucesos do 72 que resultaron na morte por disparos da policía franquista dos traballadores de Bazán Amador Rey e Daniel Niebla. Foi o 10 de marzo, que quedaría desde aquela marcado no calendario como Día da Clase Obreira Galega.

Foi, esta de Fene, a primeira mostra da exposición, que rotará logo polos restantes concellos da Mancomunidade e que se inaugurou nun acto entrañable, coincidindo co “Día da Galicia Mártir”, rodeados os Rostros da Memoria de moitos rostros coñecidos, de protagonistas dos sucesos, de xentes daquela época e de moita xente máis nova preocupada por coñecer a memoria e porque os valores daqueles feitos se manteñan.

Rostos da Memoria. Ferrol 1972′ está formada por 16 soportes autoportantes estruturados en catro cubos de 140x220cm, acondicionados para poder exhibirse o aire libre. Neles aparecen 30 retratos en primeiro plano realizados en branco e negro e cunha ollada «sobria, austera, minimalista e expresionista» á procura dunha mensaxe protagonizada polos rostros e o paso do tempo «para expresar a dor lembrada pola represión», explica Xurxo Lobato.
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.