A rehabilitación de Ferrol Vello avanza coa redacción de novos proxectos

O Instituto Galego da Vivenda e Solo adxudicou a redacción dos proxectos para a rehabilitación dun inmoble e a construción doutros dous
20180505190104 (1)

A Xunta de Galicia adxudicou o contrato de redacción dos proxectos de rehabilitación do inmoble emprazada na rúa Carme Curuxeiras, 8 e a construción de dous edificios nos número 22 e 24 da mesma rúa. O contrato foi adxudicado a UTE Óscar López Alba-Lucía Fernández Rodríguez por importe de 94.985 euros e un prazo de tres meses para a redacción dos proxectos.

Esta adxudicación de redacción de proxectos súmase ás realizadas a finais de maio e comezos deste mes de xuño para a redacción dos proxectos dos edificios emprazados na rúa Benito Vicetto 17, rúa dos Mártires 9, San Francisco 13 e 21, Río Novo 11 e Rastro 7 (esquina Praza Vella) e a construción dun edificio en cálea Castro 22-24. Todos os contratos inclúen a dirección da obra ademais da redacción dos proxectos de rehabilitación.

Os inmobles foron adquiridos polo IGVS no marco do Programa Rexurbe para a súa rehabilitación como vivendas de promoción pública que se adxudicarán en réxime de aluguer. En Ferrol Vello o IGVS xa está a executar a obra de construción de dúas vivendas na rúa Argüelles 1, cun investimento de máis de 330.000 euros, e dispón dun total de 19 inmobles adquiridos para a súa rehabilitación.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.