Así será o hangar que Navantia fabrica no porto de Brest para a súa próxima obra de eólica offshore

Realizarase un primeiro prefabricado no país galo e a montaxe e verticalización final das jackets se levará a cabo no estaleiro de Fene

Iberdrola anunciuo a pasada semana que investirá 2.400 millóns de euros no parque eólico marítimo de Saint-Brieuc a través da filial francesa Ailes Marines. Fabricados na nova factoría de Siemens Gamesa en Le Havre, os 62 aeroxeradores serán colocados en cimentacións (jackets) montadas en Brest polo estaleiro español Navantia, conxuntamente con Windar. Será o contrato de maior importe conseguido pola UTE Navantia – Windar e rondará os 170 millóns de euros.

Para facer fronte a este pedido, o grupo español Navantia-Windar está a preparar unha instalación nunha terminal do porto de Brest dedicado ás enerxías renovables mariñas. Este taller, de 170 metros de longo e 15 de alto, obra do estaleiro español, será o primeiro que se instale no chamado Brest Polder (cunha superficie de 11 hectáreas), no que tamén se asentarán outras empresas e fabricantes do sector. Este xigantesco hangar será onde se fabricarán e soldarán os pés e outros compoñentes dos cimentos dos 62 aeroxeradores offshore do parque de Ailes Marines.

As 34.000 toneladas de aceiro que se empregarán para construír as bases dos futuros aeroxeradores, deberían pasar polo polder nos próximos dous anos. Alí, levarase a cabo unha primeira fase de precafricado e, posteriormente, serán transportados ao estaleiro de Fene para a súa montaxe e verticalización final. A previsión é que a principios do curso escolar, materiais, placas metálicas e outros tubos comezarán a chegar a Brest a través de barcos e camións para esta primeira montaxe.

 

Salir de la versión móvil