Desarticulado un punto de venta de sustancias estupefacientes en Fene

A Garda Civil e a Policía Local actuaron conxuntamente nesta operación antidroga que saldouse cun detido
WhatsApp Image 2020-10-02 at 16.32.29

A Garda Civil de Fene en colaboración coa policía Local da localidade, desarticulou un punto de venda de substancias estupefacientes en Fene. Os feitos ocorreron por mor de ter coñecemento os compoñentes da devandita Unidade da existencia dun posible punto de venda de substancias estupefacientes na rúa Castor da súa localidade.

A Garda Civil estableceu un dispositivo composto por unha patrulla do mencionado Posto, unha patrulla de Policía Local e o sarxento Comandante de Posto, ao obxecto de realizar unha vixilancia discreta da zona e sorprender ao presunto vendedor no desenvolvemento da súa actividade.

O mencionado operativo deu o resultado esperado, logrando sorprender a esta persoa, veciño da localidade de Neda, realizando unha venda de substancias estupefacientes polo miúdo, procedendo á súa detención como presunto autor dun delito contra a saúde pública e ao rexistro do vehículo no que se atopaba.

Durante o rexistro do turismo os efectivos actuantes acharon unha tableta dunha substancia resinosa de cor marrón, supostamente haxix e 15 dose individual da mesma substancia, arroxando un total de 108,3 gramos tras a súa pesada, unha báscula de precisión, 2 teléfonos móbiles e 625€ en moeda fraccionada, procedendo á incautación destes efectos e do vehículo. O detido, xunto cos efectos incautados e as actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.