Fene aumenta en 1.327 horas o Servizo de Axuda no Fogar durante a crise sanitaria

A Xunta aumentou a financiación da atención domiciliaria para facer fronte ás novas casuísticas que se dean durante o estado de alarma
El-trabajo-auxiliares-ayuda-domicilio
PUBLICIDAD

O departamento municipal de Servizos Sociais de Fene o número de novas solicitudes recibidas durante esta crise supuxo un incremento de 1.327 horas na prestación deste servizo. En moitos casos trátase de persoas que vivan soas e que teñan dificultade para valerse, aquelas que acudían a un centro de día e que agora deben permanecer na casa sen dispor de familiares que poidan prestarlles apoio, ou incluso persoas con solicitude de dependencia rexistrada que aínda non foran valoradas.

O Servizo de Axuda no Fogar segue funcionando con total normalidade prestándolle asistencia ás persoas que xa viñan gozando do servizo, pero dende o pasado mes a Xunta de Galicia incrementou o financiamento en 3.226 horas mensuais, deste xeito, a cifra actual de horas prestadas polo SAF fenés no territorio ascende a 5.377.

Calquera familia ou persoa do municipio que precise calquera actuación relacionada coa atención de carácter asistencial e doméstico poden contactar cos Servizos Sociais municipais para solicitala.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.