O Concello de Fene empezou hoxe a préparar o cargamento de 6.000 máscaras lavables fabricadas pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) que repartirán a patir de mañá. Mil unidades cunha talla reducida e cores rechamantes para distribuír entre a rapazada de entre 3 e 12 anos e outras 5.000 para persoas maiores de 60 ou que estean dentro de algún dos grupos de risco.
Os cubrebocas veñen embolsados individualmente e cunhas sinxelas instrucións sobre o seu uso e lavado que han de seguirse rigorosamente para evitar posibles contaxios. Correos entregaraas a partir de mañá nos enderezos que figuran no padrón municipal de habitantes.
As máscaras fabricadas pola rede de colaboradores e colaboradoras da SOGAPS teñen tres capas de tecido, incluído o filtro, e poden lavarse en auga quente a máis de 60º alomenos un cento de veces. Non teñen a cualificación de Equipamento de Protección Individual, pero si poden funcionar como barreira axeitada para evitar a saída de partículas no caso de que se esbirre ou se tusa levándoas postas.
Discussion about this post