Fene enviará a 6.000 veciños a través de Correos un cubrebocas lavable

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí foi a encargada de fabricalos en menos dunha semana
WhatsApp Image 2020-04-23 at 16.59.43 (1)

O Concello de Fene empezou hoxe a préparar o cargamento de 6.000 máscaras lavables fabricadas pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) que repartirán a patir de mañá. Mil unidades cunha talla reducida e cores rechamantes para distribuír entre a rapazada de entre 3 e 12 anos e outras 5.000 para persoas maiores de 60 ou que estean dentro de algún dos grupos de risco.

Os cubrebocas veñen embolsados individualmente e cunhas sinxelas instrucións sobre o seu uso e lavado que han de seguirse rigorosamente para evitar posibles contaxios. Correos entregaraas a partir de mañá nos enderezos que figuran no padrón municipal de habitantes.

As máscaras fabricadas pola rede de colaboradores e colaboradoras da SOGAPS teñen tres capas de tecido, incluído o filtro, e poden lavarse en auga quente a máis de 60º alomenos un cento de veces. Non teñen a cualificación de Equipamento de Protección Individual, pero si poden funcionar como barreira axeitada para evitar a saída de partículas no caso de que se esbirre ou se tusa levándoas postas.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.