Fene prepárase para tres días de oportunidades e prezos imbatibles

23 establecementos participan no Outlet Fene que se desenvolverá desde este venres até o domingo organizado polo Concello en colaboración coa asociación O Cruceiro
118175724_958390154645781_4897099758336817111_n

Un total de 23 comercios de todo tipo van participar durante esta fin de semana no primeiro Outlet Fene deste ano 2023. De venres a domingo os establecementos ofrecerán unha chea de artigos rebaixados e outras oportunidades nun evento organizado pola área de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa asociación de comercio, hostalaría e servizos O Cruceiro. O outlet desenvolverase o venres en horario de 10 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas, o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00a 20:00 e o domingo só pola mañá, de 10:00 a 14:00.

Serán tres días de descontos e promocións que os negocios poderán organizar como queiran de cara a alixeirar existencias con prezos competitivos (a rebaixa pode chegar ata un 70%)  e, de paso, mostrar novidades e artigos da temporada primavera-verán. Tal e como comenta a concelleira Ángeles Coira, este primeiro outlet do ano «quere seguir promocionando a calidade e o servizo dos establecementos de proximidade, ademais de fidelizar o consumo local e atraer clientela de fóra de Fene durante unha fin de semana na que agardamos bo tempo».

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.