Fene prepárase para tres días de oportunidades e prezos imbatibles

23 establecementos participan no Outlet Fene que se desenvolverá desde este venres até o domingo organizado polo Concello en colaboración coa asociación O Cruceiro

Un total de 23 comercios de todo tipo van participar durante esta fin de semana no primeiro Outlet Fene deste ano 2023. De venres a domingo os establecementos ofrecerán unha chea de artigos rebaixados e outras oportunidades nun evento organizado pola área de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa asociación de comercio, hostalaría e servizos O Cruceiro. O outlet desenvolverase o venres en horario de 10 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas, o sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00a 20:00 e o domingo só pola mañá, de 10:00 a 14:00.

Serán tres días de descontos e promocións que os negocios poderán organizar como queiran de cara a alixeirar existencias con prezos competitivos (a rebaixa pode chegar ata un 70%)  e, de paso, mostrar novidades e artigos da temporada primavera-verán. Tal e como comenta a concelleira Ángeles Coira, este primeiro outlet do ano “quere seguir promocionando a calidade e o servizo dos establecementos de proximidade, ademais de fidelizar o consumo local e atraer clientela de fóra de Fene durante unha fin de semana na que agardamos bo tempo”.

 

 

 

Salir de la versión móvil