Fene reivindica «unhas condicións dignas» para a plantilla de Noa Madera tralo ERTE anunciado pola empresa

O comité de empresa insiste en que a intención do grupo Malasa, propietaria da firma, é desmantelar a empresa
20-06-19_ManifestacionEmprego_Noa_11

Baixo a premisa «defender todos os postos de traballo e unhas condicións dignas», centos de persoas manifestáronse polas rúas de Fene en rexeitamento aos despedimentos e ao ERTE de 15 meses que o Grupo Malasa está executando na súa empresa Noa Madera Creativa. Unhas medidas que «na práctica supoñen o desmantelamento da factoría fenesa» -explican desde a CIG- ao suprimir a sección de Metal e Loxística, que se veñen sumar ao traslado da Oficina que o grupo executara hai uns meses.

O persoal denunciou que «o Grupo Malasa mercou Noa en 2018 co obxectivo de quedar coa súa carteira de clientes e eliminar competencia e tiveron moi claro desde o primeiro momento que tiñan que desfacerse da maior parte de nós e impor as súas condicións á pouca xente que quedase na empresa. É o que levan tentando desde o principio».

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.