‘Galician Horror Story’, das Izquierdo Sisters, este venres en Fene

Marita Martínez e Lucía Veiga inauguran con esta peza o ciclo de monólogos “Novembro, mes do Humor”
Marita Martínez e Lucía Veiga
Marita Martínez e Lucía Veiga

Coincidindo coa inauguración da exposición e a entrega dos Premios Curuxa 2022, comeza este venres no Museo do Humor Xaquín Marín o ciclo de monólogos “Novembro, mes do Humor”. Nesta primeira función, prevista para as 20:00 horas, subirán ao escenario Marita Martínez e Lucía Veiga, as Izquierdo Sisters, cunha proposta escénica hilarante pero terrorífica á vez, “Galician horror story”. A entrada ao espectáculo, dirixido a público adulto, será de balde até completar o aforo —100 localidades—. Logo desta primeira función do “Novembro, mes do humor”, o ciclo organizado polo Museo do Humor Xaquín Marín continuará o venres 11 de novembro, ás 20:00 horas, con María da Pontragha, e o espectáculo Coa palabra na boca.

Galician Horror Story é un espectáculo de improvisación conducido polas Irmáns Izquierdo, “dúas mulleres moi inquietantes, hipnóticas e decimonónicas, que contactarán, coa axuda do público, con todo o que haxa que contactar, a fin de amosar e desvelar os máis profundos misterios da Galicia máis negra e lutuosa: crimes, asasinatos, espíritos, lendas urbanas e escuros segredos. O público gozará de varios exercicios de improvisación dos que xurdirán historias únicas e irrepetibles, cargadas de humor e crítica, libres de tabús e baseadas nas aportacións in situ dos presentes”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.