O estaleiro Navantia Fene traballa no embarque das tres primeiras plataformas flotantes do Programa Kincardine, que serán transportadas ata Róterdan, para o seu posterior emprazamento, a 15 quilómetros da costa de Aberdeen, en Escocia. No porto neerlandés serán onde se leve a cabo a montaxe das turbinas de 9.6 megawatios fabricadas por Vestas.
Mañá martes, 22 de setembro, comezará a operación de carga da primeira unidade a bordo do buque para cargas especiais “Fjord”. As estruturas contan cunha planta triangular de 70 metros de lado e columnas de 12 metros de diámetro e 30 metros de altura nos vértices. Sobre unha destas tres columnas vai colocado o muíño de vento, que será un dos de maior potencia do mercado eólico.
Discussion about this post