Navantia e Windar consolidan o seu liderado á vangarda da eólica mariña da man de Iberdrola

As empresas asinaron esta mañá o contrato para a fabricación de 62 jackets para o parque de Saint-Brieuc por 350 millóns de euros, o maior da historia para a UTE naval
DSC_2817

O estaleiro de Navantia Fene acolleu esta mañá o acto institucional da firma do contrato entre Iberdrola, Navantia e Windar para a construcción de 62 jackets para o parque eólico mariño de Saint-Brieuc, que a compañía enerxética desenvolve en augas da Bretaña francesa. O evento, contou coa presencia do presidente de Iberdrola, Ignacio Galán; da presidenta de Navantia, Susana de Sarriá; do presidente de Windar, Orlando Alonso,  ademáis do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Tamén acudiron outras personalidades como o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o Delegado do Goberno, Javier Losada, os alcaldes de Ferrol e Fene e directivos do tecido produtivo da comarca.

O contrato, con un importe de de 350 millóns de euros, supón o mayor da historia para a UTE Navantia-Windar no sector da eólica mariña, no que iniciaron a súa andadura co parque mariño Wikinger en 2018. En concreto, o acordo asinado hoxe comprende a fabricación dos jackets —as estructuras que soportan os aeroxeradores— nas instalacións de Navantia Fene e dos pilotes por parte de Windar na súa sede de Avilés. O emsamblaxe final de todos os compoñentes realizarase tamén na factoría fenesa da antigua Astano.

Con esta nova e histórica adxudicación afiánzase a alianza de máis de seis anos entre Iberdrola e o grupo Navantia-Windar, que suma xa contratos por un valor de preto de 1.000 millóns de euros, incluíndo os encargos xa rematados dos parques eólicos de Wikinger, no mar Báltico e do East Anglia One en augas británicas.

Carga de empleo

O contrato suscrito hoxe dará emprego a máis de 2.000 profeionais de forma directa, dos cales case 1.000 o farán entre os estaleiros de Fene e a sede de Windar en Asturias, e o resto en Francia, no porto de Brest, onde Navantia xa traballa para implantar un centro loxístico do sector mariño. Nese hangar que a empresa pública española está a construir, vanse fabricar os stabbings, que son os nudos inferiores e a estructura de celosía para 34 dos 62 jackets. Ademáis deste 2.000 empregos, sumaranse outro varios miles con empresas auxiliares e contratistas locais de Ferrolterra, Avilés en Francia.

A granxa eólica mariña

O parque eólico de Saint-Brieuc disporá dunha potencia de preto de 500 megawatios e será capaz de xerar enerxía limpa para satisfacer o consumo de electricidade de máis dun millón de habitantes da zona da Bretaña. A súa superficie será duns 78 km2 e a súa instalación prevese para 2022 e o seu uso para 2023.

Iberdrola investirá máis de 2.400 millóns de euros neste proxecto, cun marcado carácter europeísta, xa que une a experiencia e o coñecemento acumulado da empresa española Navantia e a aposta francesa pola senda da recuperación verde e sostible marcada desde a Unión Europea.

Aposta polo futuro

Este novo contrato, tal e como explicou o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, durante o acto, «serve para consolidar a capacidade de Navantia-Windar no aproveitamento de oportunidades que ofrece o mercado do futuro como é a eólica mariña», no que Iberdrola ostenta actualmente o liderazgo mundial.

Neste senso, Ignacio Galán sinalou que este contrato, ademáis de avanzar cara unha enerxía limpa, pon de manifesto que a economía verde «é un gran polo de industralización e de emprego sostible e de calidade». Galán dixo estar convencido de que «as empresas de Ferrolterra poden facer aportacións relevantes e xogar un papel fundamental na estratexia ambiental europea cara unha economía baixa en carbono».

Pola súa banda, o presidente Núñez Feijóo resaltou e agradeceu o compromiso de Iberdrola coa factoría de Navantia e con Galicia e insistiu en que o naval é un sector clave para a economía galega. Respecto diso, trasladou a súa preocupación polos próximos dous anos de Navantia Fene-Ferrol.

“Navantia necesita seguridade na súa carga de traballo e o Goberno galego vai seguir apoiándoa para que este estaleiro non quede sen ela e para que as fragatas, consignadas no orzamento do 2018 cunha primeira partida de 250 millóns de euros, poidan no menor prazo posible empezar a construírse”, dixo, insistindo en que a comarca non pode vivir dous anos sen pedidos.

 

 

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.