O Concello de Fene achégalle alimentos e produtos básicos a 44 familias en situación de vulnerabilidade

A través de dignidade tamén se les fixo entrega dun vale semanal de 20 euros por núcleo familiar
Cruz-Roja-necesita-alimentos-perecederos_EDIIMA20190603_0207_19

O Concello de Fene viu incrementadas as solicitudes de axuda por parte de familias en situación de vulnerabilidade no concello.  Se en circunstancias normais viña prestándolle axuda a entre 18 e 20 familias, a raíz da nova situación, foron subindo en número pouco a pouco ata chegar nestes momentos a unha media que varía entre as 40 e 50.

De feito, a semana pasada foron 44 as familias que dispuxeron de asistencia municipal coa colaboración da Asociación Dignidad. A entidade e mailo Concello asinaron un convenio para darlle unha resposta inmediata a situacións «que estiveron medrando nas últimas semanas, aínda que agardamos que a progresiva volta á normalidade tamén signifique unha redución no número de casos ou polo menos que se estabilicen», explicou a concelleira da área, Mari Carmen Martínez.

A través de Dignidad -e tras un estudo previo por parte das traballadoras sociais municipais- ás familias entrégaselles un vale semanal para a adquisición de alimentos ou outros produtos básicos. A contía parte de 20 euros e vaise incrementando de cinco en cinco euros por cada membro da unidade. A Asociación Dignidad tamén lles entregou a maiores lotes de produtos non perecedoiros ou cun longo período de caducidade, como por exemplo pasta, legumes, patacas, aceite, leite, ovos, cacao ou galletas.

O acordo suscrito coa Asociación Dignidad ten unha duración de tres meses e unha contía de 16.000 euros. O Concello pretende con este acordo «garantir unha cobertura inmediata das necesidades de aquelas persoas e núcleos familiares que se encontran nunha situación  máis vulnerable».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.